Un lugar ecléctico onde compartir informacións de interese e, ás veces, ignoradas polos medios, fundamentalmente no eido do cine, o deporte e a música
Redacción
¿Cómo definirías a túa web?
Un lugar ecléctico onde compartir informacións de interese e, ás veces, ignoradas polos medios, fundamentalmente no eido do cine, o deporte e a música. Aínda que realizando tamén incursións en temas sociais e políticos (nunca os esquezo)
¿Con qué finalidade foi creada?
Ofrecer una perspectiva persoal sobre os temas tratados e aportar alguna información un chisco descoñecida.
¿Qué valor engadido ofrece con respecto a outras páxinas similares?
Quizais ter informacións que non acostuman ser moi coñecidas.
¿Canta xente forma parte do proxecto?
Je, je. Aquí estou eu… e as miñas circunstancias.
¿A qué tipo de usuarios te dirixes?
Xente con inquedanzas nos campos mencionados na primeira pregunta.
¿Qué obxetivos te marcaches?
Ningún en concreto.
¿Qué criterios segues para seleccionar os contidos?
Considero que o que me resulta interesante a min tamén o será para outra xente
¿Cómo ves o futuro da rede no voso ámbito?
Demasiados blogs e dificultade para atopar o "target" potencial.