Vuelve Fuxan os Ventos

Fuxan os Ventos, o gran mito do folk galego, volve á cidade para presentar o seu último traballo en directo, ´Terra de soños´

Luis P. Ferreiro
Pedro Lucas: "Boto en falta en Galicia grupos corais de base tradicional"

Fuxan os Ventos puxo a banda sonora a unha época convulsa, marcou o inicio do folk galego e aportou varias cancións á cultura popular galega. O sábado, o grupo cantará o mellor do seu repertorio no teatro Colón, acompañado por unha banda e varios amigos. Pedro Lucas forma parte do mítico conxunto dende 1983.

–Presentan o espectáculo Terra de soños. En que consiste?
–Plantexouse como dous concertos en Santiago, para recuperar o vello repertorio e actualizalo, cunha banda, novos arranxos e a presenza de músicos amigos. A idea era grabar un disco e nada máis, pero a cousa foi medrando e decidimos actuar tamén nas principais vilas galegas. É un espectáculo de dúas horas, cunha banda de nove músicos, ademáis de nós os nove e os convidados.

–Que aportan ás súas cancións os convidados?
–Van actuar os mesmos que estiveron no disco: Rodrigo Romaní, Uxía... Por desgraza, Mercedes Peón non pode vir. E o que aportan, ademáis de contar con xente amiga, é unha visión fresca das nosas cancións a cargo da xente que marca as novas liñas do folk.

–Tiveron algún problema para reunir a tantas estrelas?
–Para nada. Fixemos unha lista da xente que nos gustaría que estivese con nós no disco, porque podería darlle un punto distinto aos nosos temas, e a resposta foi impresionante e unánime. Todos nos dixeron que, para Fuxan, o que fora. Ofreceron unha disponibilidade total e absoluta.

–Significa esta xira e o disco que Fuxan os Ventos volve a ser un grupo en activo?
–Xa veremos. A idea orixinal foi facer só os concertos de Santiago, e este espectáculo non se pode manter indefinidamente, porque é moi custoso. Cando rematemos con el, non temos nada falado. Queremos facer cousas xuntos, pero é moi complicado, o nivel de esixencia é moi alto. Pero é posible que fagamos proxectos concretos.

–Como ve a evolución do folk galego?
–Agora hai grandes músicos, pero en canto a ideas, boto en falta grupos como o noso, de música coral de base tradicional.

–E o seu recoñecemento popular? Porque vostedes son os Beatles do folk galego.
–Vaia comparación (risas), pero si, fixemos o noso traballo nun momento especial, e chegoulle moito á xente. Hoxe comprobamos que o noso público é moi fiel e moi variado, xente maior, pero tamén rapaces que nos coñecen porque lles poñían os nosos discos os seus pais, e incluso os seus avós (risas).

hoyenfdsdeportes

   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Loteria Navidad