Galegofalantes de máis aló do Bierzo

Unha veintena de centros de Primaria e Secundaria ofertan materias en galego en Cataluña, León, Londres ou Caracas

Ana Ramil
Estudiar Lingua e Literatura Galega é posible en dez universidades españolas

Recibir clases de Coñecemento do Medio ou Plástica en galego e aprender a morfoloxía e literatura deste idioma non é algo exclusivo dos alumnos que residen en Galicia. Máis de 1.100 estudiantes de León, Zamora e Cataluña xa teñen estas materias como opcionais no seu currículo escolar. O mesmo ocorre nalgúns colexios de Londres, Caracas ou Bos Aires. Xa na idade adulta é posible aprender galego en dez universidades de toda España así coma nos centros de Galicia repartidos por todo o mundo. Profesores e alumnos de fóra de Galicia afirman que é unha lingua "sinxela", onde os verbos irregulares son os que dan máis dores de cabeza

Bolboreta, agarimo, enxebre ou alborada non sempre son palabras enigmáticas para os que viven máis aló do Bierzo. Mentres en Galicia estase a debatir cantas horas de lingua galega deben recibir os alumnos na escola, fóra da comunidade máis de 1.100 estudiantes de Primaria e Secundaria de León, Zamora e Cataluña teñen clases neste idioma e dez universidades de toda España permiten a calquera aprender esta lingua, según os últimos datos da Consellería de Educación.

Pola súa proximidade con Galicia, as comarcas do Bierzo (León) e Sanabria (Zamora) son as que despertan maior interese por incluir o galego no currículo escolar. Gracias a un convenio entre as Administracións autonómicas, un total de 884 alumnos de trece centros de Educación Infantil e Primaria cursan en galego -de forma opcional- as materias de Coñecemento do Medio e Plástica. No caso de Secundaria a cifra redúcese a 147 matriculados que ben poden estudiar Ciencias Sociais en galego o escoller a materia optativa de Lingua e Cultura Galega en 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato.

Ter unha lingua propia tamén anima a aprender outros idiomas. Por iso, sete institutos cataláns ofrecen a posibilidade de escoller galego coma segunda lingua moderna desde 1999 a través dunha iniciativa bautizada coma Galauda. Un proxecto que inclúe tamén a elaboración de materiais de aprendizaxe e a organización de viaxes destes alumnos á comunidade galega. Pola contra, o instituto de Meira (Lugo) oferta o catalán coma asignatura optativa.

Se na etapa educativa obligatoria aínda son poucas as autonomías que ofrecen a posibilidade de aprender lingua galega, no ámbito universitario dispárase a oferta. Dez campus de todo o territorio imparten clases de Galego ou Literatura e Cultura Galegas, principalmente nas facultades de filoloxía. É o caso da Universidade de Alicante (con 42 matriculados), a Autónoma e a Universidade de Barcelona, a Deusto de Bilbao, a de Extremadura, a de Granada, a de Murcia, a Complutense de Madrid, a de Salamanca ou a de Vitoria-Gasteiz. No caso de Barcelona ademáis existe a posibilidade de cursar o itinerario de galego dentro do grao de linguas e Literaturas Modernas.

As razóns que levan a un universitario de fóra de Galicia a aprender o noso idioma son distintas en cada caso. Algúns chegan por casualidade coma Oier Logera, alumno de Historia na Universidade de Deusto no País Vasco. "A verdade é que vin o galego nas listas de asignaturas e pensei que podería ser interesante probar", sostén. Sen embargo, Oier non dubida en afirmar que o feito de que Euskadi tamén conte cunha lingua propia anima a máis estudiantes a formarse en galego. "É certo que pode existir certa complicidade polo feito de que aqui temos o vasco", engade este xoven.

Os motivos do seu compañero de pupitre, Raúl Vila, son ben diferentes. Con pais de orixe galego, Vila quería aprender a escribir correctamente un idioma que estaba cansado de saber falar. "Eu sei galego pero non o que se aprende na escola, senón o que escoito cando voi en vacacións a Galicia", resalta. Por iso cado atopou a oportunidade de formarse non o dubidou. "Antes non atopara forma de poder aprendelo", sinala este estudiante de Informática.

Pese a que ambos aseguran que pola súa cercanía ao castelán, o aprendizaxe do galego non "é complicado", os verbos irregulares son o que máis lle trae de cabeza a Oier mentres que a escritura segue a ser o punto débil de Raúl.

Aprender a colocación do pronome átono, as variantes dialectais, a etapa dos séculos escuros e as cantigas de amigo propias do galego tamén é posible na etapa adulta e lonxe das universidades. A Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada ofrece cursos de galego -no que este ano están matriculados 65 alumnos, segúndo datos da Consellería de Educación- o mesmo que ocorre na EOI de Madrid. Ademáis os centros de Galicia de Avilés, Barcelona, Bilbao, Gijón, León, Ponferrada, Móstoles, Collado, Huelva e incluso Touluse, Buenos Aires, La Habana ou La Plata programan de forma periódica cursos de galego abertos a todo o público aínda que protagonizados na maior parte dos casos por familiares de emigrantes galegos.

A emigración sempre tivo un peso moi importante na comunidade galega e por iso, a maioría dos países que acolleron a cidadáns de Galicia contan con clases en lingua galega para quen desexe aprender este idioma, perfeccionalo ou mesmo evitar que pola distancia e o paso do tempo se esqueza o pouco que xa sabían. Por iso, ademáis dos centros galegos que hai en diferentes nacións, as sedes do Instituto Cervantes en todos os continentes tamén imparten clases neste idioma se hai demanda suficiente.

E para que os descententes de emigrantes galegos podan achegarse ás orixes da súa familia sen necesidade de cruzar o charco hai colexios que imparten materias neste idioma en Arxentina, Reino Unido e Venezuela. O centro Santiago Apostol de Bos Aires conta con 404 rapaces desde Infantil hasta Bacharelato que dan Lingua Galega ou Xeografía e Historia de Galicia. O mesmo ocorre no Vicente Cañada Blanch de Londre ou o Castelao de Caracas.

A distancia xa non é unha excusa para achegarse ao idioma que caracteriza á comunidade galega.

noticias relacionadas

Aos vascos sorpréndelles o tema do decreto

No País Vasco poden impartir todas as materias en euskera

hoyenfdsdeportes

Galería de fotos

Galería de fotos

   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Loteria Navidad