As gargalladas de María Pita

Todo comezou, efectivamente, aquel 9 de xuño do 91

Xosé Manuel Mallo

Todo comezou, efectivamente, aquel 9 de xuño do 91. O Murcia, líder durante toda a temporada, perdeu en Riazor, onde a piques estivo de gañar. Escribo de memoria e lembro un gol anulado aos murcianistas por fóra de xogo e tamén un remate ao pao creo que de Comas, un dianteiro que formaba unha parella letal con Aquino. Despois chegou a lumeirada na cuberta de Preferencia Superior. Os xogadores e o árbitro alucinaban ao ver á xente no céspede, non sabían que pasaba porque non había ningún follón. O lume empezou a avanzar e cando se viu xa todo o mundo estaba lonxe da zona afectada. Emerxiu máis tarde a figura de Zoran Stojadinovic, marcou tres goles, pero un non foi válido. Eran moitos anos lonxe da elite. Foi a fin do que Augusto César Lendoiro dera en chamar daquela a longa noite de pedra do deportivismo. E chegou a festa; e as bágoas; e as bravatadas e con elas as gargalladas. Moitos o fixemos, rirnos, cando Lendoiro soltou desde o palco de María Pita o seu himno particular para festexar o ascenso: "Barça, Madrid, ya estamos aquí". Había gargalladas, si, recoñézoo. Este toleou ou que, dicíamos moitos. Vaia xeito de tolear. A tolemia dura vinte anos, aínda que agora o equipo non sexa quen de competir cos dous grandes do fútbol español, pero o fixo. Dentro de pouco tempo chegará o décimo aniversario do único título de Liga, que foi en 2000. Seguro que hai unha festa especial. Seguro. Van dez anos do máis grande logro do clube. Dez máis do inicio do camiño. Polo medio moitas cousas; que o futuro pode chegar a dicir costaron. Para algúns o prezo é o de menos. Tanto éxito non ten prezo, adoitan dicir. Pero o certo é que si o ten, só falla saber se foi rendábel ou vai resultar moi elevado. Mentres, só queda disfrutar, como hai dez anos, como hai vinte anos, xa sei que son dezanove. E despertar para comprobar que este largo soño non é dos que se roncan. Arsenio Iglesias, Fran, José Ramón, Stoja, Uralde, e moitos máis nomes que se poden citar por falar de homes clave no levantamente do equipo albiazul. Moitos que deron o empurrón cara Primeira, e outros moitos que axudaron a outros logros non máis importantes aínda que teñan máis sona. Porque tamén, non o esquezamos, todo comezou coa promoción co Betis.

hoyenfdsdeportes

 

marcador deportivo

   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Loteria Navidad