Pablo Díaz, multiinstrumentista e cantante, presenta a súa ópera prima
Redacción
Pablo Díaz, multiinstrumentista e cantante. Despois de intervir en 12 traballos discográficos como músico, cantante ou produtor musical, presenta a súa ópera prima en solitario, pois compón e arranxa todos os temas e escribe as letras de moitos deles.
Dende unha prespectiva folk, revisa outro tipo de música que van dende o rock ou o swing pasando polo soul ou o jazz, pero cunha gran ligadura á música tradicional á que fai bastantes "guiños", xa que esta supuxo o seu nacemento musical.
Dende a infancia estivo vinculado a diversos grupos de baile e música tradicional, primeiro como intérprete e logo como mestre de canto, percusión, gaita ou clarinete. Este traballo vén avalado pola compaña de músicos ou cantantes de gran prestixio como Xabier Díaz, Guadi Galego ou Carmen Rei, que participan nalgunha das 16 cancións do disco.
Trátase dun disco de música infantil onde se abordan temas da natureza, do mundo máxico, ou da vida cotiá que rodea os nenos. Conta ademais coas letras de romances infantís ou contos da editorial Kalandraka, editora deste disco, para a que traballa Pablo Díaz como músico de conta-contos o cal lle axuda a ter grande afinidade e complicidade cos nenos.
O libro-disco conta con ilustracións de Marc Taeger recuperando a técnica de liño gravado.
Público: + 3 anos
Venda de entradas:
- Despacho Central: (Praza.Ourense) de luns a venres, excepto festivos, de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.00h
- Despacho do Fórum: Unha hora antes da función.
- Venda telefónica: 902 504 500
- Internet: www.caixanova.es