O tempo de Pemán, na Rede

O home do tempo máis famoso de Galicia ten unha páxina web na que fai as súas propias predicións e atende as consultas dos internautas

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
O tempo de Pemán, na Rede
O tempo de Pemán, na Rede  

Hai xa catro anos que deixou de presentar o parte do tempo no telexornal da TVG. Agora fai a información sobre a mar de madrugada, e os venres fala cos oíntes na radio. E para os que botan de menos o seu 'boas noites e ata mañá', Santiago Pemán tamén ten unha páxina en internet, 'www.santiagopeman.com', na que fala do tempo, pero tamén de comida, da lúa ou do calendario

P. MERA | A CORUÑA Hai xa catro anos que deixou de ser a cara visible da información meteorolóxica máis seguida na televisión galega, pero Santiago Pemán non está, nin moito menos, retirado. Segue presentando partes na TVG, aínda que de madrugada e especializados na mar, unha vez á semana atende as preguntas dos oíntes na Radio Galega e, desde hai pouco máis dun ano, tamén está dispoñible en internet.

"Quería seguir en contacto directo coa xente, e tamén aproveitar os meus coñecementos para espallalos e compartilos", recorda Pemán desde Santiago. Así foi como se lle ocorreu, en marzo de 2008, crear unha páxina web, www.santiagopeman.com, na que o home do tempo máis famoso de Galicia fai as súas propias predicións meteorolóxicas, responde as dúbidas dos internautas, explica o funcionamento dos calendarios lunares ou das témporas, dá consellos sobre os cultivos e recompila efemérides e refráns relacionados co tempo -o de hoxe: "Por San Bartolomeo, chuvias a reo"-. Mesmo hai receitas de cociña, guías de festas e turismo e recomendacións literarias.

"O tempo dá para falar de todo", alega Pemán, que se confesa "encantado" co seu novo proxecto no ciberespazo. Unha das seccións da web que ten máis éxito é a das consultas personalizadas. Cada día, Pemán recibe no seu enderezo electrónico "entre oito e dez" preguntas sobre o tempo que vai facer o día dun casamento ou durante as vacacións dos internautas, que tamén é habitual que pregunten polo tempo que vai facer para planificar as obras na casa ou a colleita.

"Escribe moita xente do campo para saber por exemplo, cando poderán ensilar. Tamén preguntan moitos moteros, que están moi organizados por internet", di Pemán, consciente da importancia que a meteoroloxía ten na vida de algúns "Os agricultores queren saber se vai vir un verán bo ou malo, porque en función diso alugan máis ou menos cisternas para o rego, que é todo un investimento", explica Pemán, que tamén leva sorpresas coa web. "Un día escribíronme desde Lugo para saber polo tempo que ía facer porque querían plantar ¡60 hectáreas de cebola!. Nunca pensei que en Galicia pudiera haber plantacións de cebola de 60 hectáreas", engade.

A web está tendo moito éxito, pois conta con case 3.000 visitas diarias, "aínda que a media se dispara cando hai avisos de temporal". Preguntado sobre o tempo que vai facer no que queda de verán, Pemán resolve que será precisamente a partir de setembro cando os galegos poderán desfrutar de varios días de sol seguidos. "Até entón, seguirán vindo dous días bos e logo tres malos, e catro regulares". A predición de Pemán coincide coa das témporas, un sistema sen rigor científico pero bastante popular no rural galego e que tamén está recollido en www.santiagopeman.com. Consiste en predicir o tempo que vai facer durante tres meses baseándose no tempo que fixo en tres noites concretas do ano. As témporas do verán son o mércores, o venres e o sábado da semana de Pentecostés. Como eses días (este ano, o 27, o 29 e o 30 de maio) "non quedaron ben, viñeron con vento de abaixo", pois os meses de xuño, xullo e agosto tampouco serán bos. "Non teñen ningún fundamento científico -advirte Pemán-, pero a xente do campo mira moito as témporas, e tamén o calendario lunar", que é outra das paixóns do home do tempo. "Hai que mirar sempre como está a lúa. No campo, case sempre hai que plantar cando mingua; as patacas botadas coa lúa crecendo sempre sairán verdes, greladas", explica.

Canto ás receitas (troitas ao forno, calamares con verduras ou patacas recheas), algunhas son súas e outras, aportacións de amigos e internautas. E as efémerides saen da abondosa base de datos e recursos meteoróloxicos acumulados durante tantos anos de experiencia.

Sobre a súa retirada do telexornal da TVG en 2005, pouco despois da chegada do bipartito á Xunta, el prefire non entrar en polémicas e, iso si, subliña que nunca deixou a televisión, senón que só deixou de facer "os tempos que se ven". E é que Pemán segue facendo información meteorolóxica na televisión galega, pero a unhas horas moito máis intempestivas: ás tres da madrugada, de luns a venres. "Fago o tempo para a xente do mar, que a esas horas están nos cantiles".

De madrugada, en internet ou na radio, Pemán aínda conta co cariño de miles de galegos, que seguen a paralo pola rúa. "Saúdanme, pregúntanme polo tempo... estou moi agradecido". ¿A clave da súa profesión? Responde que sempre hai que saber interpretar os mapas e os datos, e ter en conta por exemplo que "por riba de Santiago, durante o verán sempre hai nubes pola mañá, e a costa de Lugo, co sombreiro posto". En resumo, experiencia, ou como di Pemán, "colmillo".

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
EXTRAS EN LA WEB

Destacados

EL TIEMPO
Consulta la predicción
       meteorológica
EN MI OPINIÓN
Envía tus propios
        artículos

-------------------------------------------------------------------------
AGENDA
Disfruta de tu tiempo
        libre
BLOGS
Sigue las bitácoras
        más interesantes

Especial LOTERÍAS Y APUESTAS

Sorteos de la
lotería y la quiniela

Loterías y apuestas

Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.

 

Widgets

Igoogle
Personaliza tu página de inicio de Google con las últimas noticias
www
Llévate las noticias de laopinioncoruna.es a tu web
Rss
Sigue las noticias de laopinioncoruna.es a través de RSS
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009