Sen precedentes

O BNG cualifica de ´histórica´ a manifestación en defensa do galego

 16:11  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

O líder nacionalista incidiu na necesidade dunha "reacción social decidida" para rectificar a "actual política anti-idioma galego" que está levando a cabo a Xunta de Galicia

EFE O voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, considerou "histórica" e "sen precedentes" a manifestación de onte en Santiago de Compostela en defensa da lingua galega.

Vázquez afirmou, nunha conferencia de prensa, que os participantes dixeron "alto e claro que queremos galego, queremos o dereito a poder falar o noso idioma" e que están "orgullosos" de ser galegos.

O líder nacionalista incidiu na necesidade dunha "reacción social decidida" para rectificar a "actual política anti-idioma galego" que está levando a cabo a Xunta de Galicia.

Para Vázquez, o Goberno autonómico "debe impulsar" a lingua galega en todos os ámbitos e "non combatelo como está facendo", xa que impulsar o idioma "é o que marca" o Estatuto galego.

Vázquez afirmou que "rectificar é de sabios" e que Núñez Feijóo "aínda está a tempo de facelo" e pode "volver ao consenso que unilateralmente rompeu".

O dirixente nacionalista dixo que o BNG "non está disposto a dar un paso atrás, a ceder un milímetro" na defensa da lingua galega, e por iso demandou a Núñez Feijóo que "respecte" a legalidade estatutaria, a Lei de normalización lingüística e o Plan de normalización de 2004.

En relación á presenza do ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, Vázquez afirmou que "cantas máis persoas estean a favor do idioma, mellor", aínda que pediu unha actuación política con "coherencia".

"Alegrámonos da presenza de Caamaño e convidámolo a que utilice o seu cargo, na medida das súas posibilidades, algunhas ten, para impulsar tamén o galego no ámbito da Xustiza, un ámbito onde, precisamente, a galeguización brilla pola súa ausencia", dixo Vázquez.

Por outra parte, o máximo dirixente do BNG, en resposta ás preguntas dos xornalistas, fixo referencia ás declaracións de Núñez Feijóo nas que avogou por unha educación "propia do século XXI" que aspire ao trilingüismo do galego, o español e o inglés.

A este respecto, Vázquez indicou que lle parece "moi ben" e que el pode falar de "cuatrilingüismo ou quintilingüismo", pero que o problema é "onde queda o galego".

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
EXTRAS EN LA WEB

Destacados

EL TIEMPO
Consulta la predicción
       meteorológica
EN MI OPINIÓN
Envía tus propios
        artículos

-------------------------------------------------------------------------
AGENDA
Disfruta de tu tiempo
        libre
BLOGS
Sigue las bitácoras
        más interesantes

Especial LOTERÍAS Y APUESTAS

Sorteos de la
lotería y la quiniela

Loterías y apuestas

Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.

 

Widgets

Igoogle
Personaliza tu página de inicio de Google con las últimas noticias
www
Llévate las noticias de laopinioncoruna.es a tu web
Rss
Sigue las noticias de laopinioncoruna.es a través de RSS
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009