A ´sangría silenciosa´ do agro

O 90% dos sinistros laborais con maquinaria agrícola quedan fóra das estatísticas oficiais porque as vítimas non están no réxime agrario. Até outubro faleceron 13 persoas no rural

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

Circular a 40 km/h tamén pode matar. Nos últimos seis anos, 66 agricultores galegos faleceron ao volante do seu tractor. Esas son as estatísticas oficiais. Pero distan moito da realidad. Segundo o SLG, que onte presentou un estudo sobre a seguridade vial e prevención de riscos na maquinaria agrícola, a accidentalidade real no rural supera en máis dun 90% os balances da Administración, que soamente computan como vítimas aos agricultores censados no Réxime Agrario da Seguridade Social

R. PRIETO | A CORUÑA Non só son a ferramenta de traballo. Para centos de agricultores galegos, o tractor é o único medio de transporte. Ademais de empregalo para recoller leña, ir á vendima e apañar as patacas ou o millo, tamén o utilizan para facer a compar, acercarse á taberna, ir ao médico ou á farmacia e incluso á misa os domingos. Esta dependencia da maquinaria agrícola para os traslados diarios a outras zonas da comarca provoca unha alta accidentalidade no agro a pesar de que as estatísticas oficiais non a reflicten. Con motivo da presentación do estudo Seguridade vial e prevención de riscos específicos na maquinaria agrícola elaborado polo Sindicato Labrego Galego (SLG), o seu coordinador de Formación, Antonio Ferreiro, advertiu onte de que os datos non reflicten máis aló de dous tercios dos mortos rexistrados cada ano e escasamente unha trintena de feridos graves. "Non pode ser que a accidentalidade real supere en máis do 90% a oficialmente rexistrada", cuestionou Ferreiro.

O motivo? A Administración non recolle nos seus balances a cifra real de vítimas de accidentes laborais con maquinaria agrícola porque soamente computa como accidentados aos traballadores que cotizan ao Réxime Agrario da Seguridade Social, un censo no que non están inscritos os traballadores por conta propia, nin os agricultores a tempo parcial, os xubilados ou os fillos e netos que axudan de maneira puntual ás tarefas no agro.

No que vai de ano 13 persoas morreron en Galicia mentras traballaban no campo -a última un falecido onte pola mañá na provincia de Lugo-. Un balance que, segundo os datos oficiais, eleva a 66 vítimas de accidentes con tractor nos últimos seis anos. A diferenza entre o balance oficial dos sinistros laborais no agro e os que realmente ocorren revela, a xuízo do Sindicato Labrego, unha "sangría silenciosa" no rural.

Tras facer un estudo das estatísticas oficiais e "oficiosas", recabar a opinión de expertos en sinistralidade e revistar as publicacións neste eido, o Sindicato Labrego Galego fixo 200 enquisas en comarcas e municipios cun "relevante" peso do sector agrogandeiro, entre eles Carballo, Corintanco, Laracha, Melide, Curistis, Boimorto, Arzúa ou Santa Comba. O informe propón varias liñas de actuación, entre as que Ferreiro destacou a posta en marcha de mecanismos para atallar a siniestralidade no uso de maquinaria agrícola na comunidade. "Até agora non se fixo nada para evitar esta brecha", asegurou tras ser pregutnado pola actuación da Administración para atallar o elevado número de accidentes laborais no rural.

"As administracións públicas deben actuar e mover ficha para facer fronte á proliferación de sinistros", endiu o secretario de Formación e Servizos do SLG, Mario Pazos, ao tempo que ofreceu o "traballo" e "coñecementos" do sindicato para "invertir" a situación.

. Seguridade.

Desde o SLG, advirten da necesidade de actualizar o Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola para coñecer o parque galego, así como de esixir que tractores e monocultores se adapten á normativa vixente de seguridade. "Han de desaparecer os tractores e monocultores sen arco de seguridade", reclamou Ferreiro.

. Inspeccións.

As cifras falan por si soas. En Galicia, o 16% da maquinaria agrícola non teñen pasada a ITV. "A frecuencia das visitas das Inspeccións Técnicas de Vehículos móviles ás cabeceiras das comarcas e o seu acercamento aos municipios deixa moito que desexar", engadiu o coordinador de Formación do SLG.

. Antigüidade.

Xunto coa avanzada idade dos agricultores, a antigüidade dos tractores sinistrado é outra das peculiaridades da alta accidentalidad no agro galego. Galicia é a comunidade co índice de tractores que superan os 20 anos máis elevado. Segundo os datos de 2006, dos máis de 256.000 tractores contabilizados en España que superan as dúas décadas, Galicia conta con 45.100, seguida por Casela-A Mancha, con 33.400, e Castela León, con 31.000. O estudo do SLG revela que a antigüidade media da maquinaria agrícola na comunidade é de 16,9 anos.

. Formación.

Desde o SLG, avogan por reforzar a información, formación e sensibilización do colectivo de maiores de 60 anos, por tratarse do perfil que máis siniestros sofre. Ademais aposta pola mesma actuación cos mozos de entre 16 e 20 anos, que pese a non dedicarse de maneira profesional ao traballo agrogandeiro, botan unha man ás súas familias nas explotaciónes e manexan a maquinaria agrícola.

COMPARTIR
 
TV.LAOPINIONCORUNA.ES
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas