Traballadores de Pascual piden á Xunta que acepte o plan das cooperativas

O abogado dos empregados, que onte se manifestaron fronte ao Parlamento, censura que a Xunta non dea unha explicación "pública ou en privado"

 10:35  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Traballadores de Pascual piden á Xunta que acepte o plan das cooperativas
Traballadores de Pascual piden á Xunta que acepte o plan das cooperativas 

REDACCIÓN. A CORUÑA Os traballadores de Leche Pascual levaron onte ao Parlamento galega as súas reivindicacións laborais para evitar o peche da planta de Outeiro de Rei (Lugo) defendendo os proxectos empresariais presentados por varias cooperativas para rescatar a central leiteira. Logo de manifestarse fronte á Cámara galega, o avogado dos empregados de Pascual, Alberte Xullo Rodríguez Feixoo, censurou que a Xunta non dea unha explicación "pública ou en privado", de por que "entende" que algún dos tres proxectos para recuperar a actividade na factoría lucense "non é serio ou viable". "Sabemos que ten enriba da mesa proxectos que poden recuperar a factoría", insistiu, tras asegurar que planta de Pascual en Lugo "alimentaba" a 155 familias e máis de 1.000 postos de traballo indirectos —gandeiros, transportistas e comerciantes da bisbarra—.
O avogado defendeu que algún dos proxectos presentados —o de Feiraco e outras cooperativas lácteas, La Arzuana e Nueva Rumasa— están avalados pola auditora internacional PricewaterhouseCoopers polas "entidades crediticias de maior solvencia de Galicia". "Iso dános pé a pensar que é un proxecto serio", considerou. Feixóo respondía así aos recelos manifestados pola Xunta respecto deses proxectos, que segundo insistiu onte o conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, non teñen suficientes garantías de supervivencia económica. "Non creo que aos traballadores lles interese un proxecto inviable que os deixe nunha situación peor incluso da actual", dixo Juárez á Radio Galega. Os empregados de Pascual en Outeiro de Rei levan dous meses e medio cos seus contratos suspendidos a consecuencia do expediente de regulación de emprego (ERE) temporal aprobado en agosto e que, de non atopar antes un proxecto que reflote a planta, será definitivo en decembro.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
EXTRAS EN LA WEB

Destacados

EL TIEMPO
Consulta la predicción
       meteorológica
EN MI OPINIÓN
Envía tus propios
        artículos

-------------------------------------------------------------------------
AGENDA
Disfruta de tu tiempo
        libre
BLOGS
Sigue las bitácoras
        más interesantes
Loterías y apuestas  
Loterías y apuestas
Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.

Widgets

Igoogle
Personaliza tu página de inicio de Google con las últimas noticias
www
Llévate las noticias de laopinioncoruna.es a tu web
Rss
Sigue las noticias de laopinioncoruna.es a través de RSS
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009