Feijóo garante o seu apoio a calquera ´oferta viable´ para a planta de Pascual

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

REDACCIÓN | SANTIAGO Os traballadores da planta de Leche Pascual en Outeiro de Rei trasladaron onte as súas protestas ao auditorio no que se celebraba o XV Congreso provincial do PP de Lugo.Tras atoparse frente a frente con medio cento de traballadores que esixían unha solución para a planta que garanta os postos de traballo dos seus 150 empregados, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que a Administración galega é a principal interesada en buscar unha "solución" para a factoría de Outeiro de Rei. "Calquera oferta viable que manteña o traballo vai a ser impulsada e apoiada pola Xunta. Movementos que non teñan viabilidade é enganar aos traballadores e eu non vou enganar aos traballadores", sentenciou Feijóo.

Os 150 traballadores da planta lucense de Pascual están sometidos nestes momentos a un expediente de regulación de emprego (ERE) temporal, que expira o próximo 4 de dicembro. A Xunta estuda as dúas únicas ofertas presentadas (unha liderada por Nueva Rumasa e a outra por Feiraco) para manter a actividade na factoría.

COMPARTIR
 
TV.LAOPINIONCORUNA.ES
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas