EFE
Tras o paso esta madrugada dunha fronte cálida, outra de carácter frío e pouco activa atravesará a Comunidade pola tarde e a noite.
Polo tanto, MeteoGalicia predí un novo día de ceos nubrados e chuvias febles e dispersas, que serán máis persistentes nas zonas altas.
As temperaturas máximas ascenderán de forma moderada, con valores outra vez por riba dos 15oC en toda Galicia e os ventos soprarán de compoñente oeste, moderados no litoral e entre frouxos e moderados no interior.
A Coruña 13o 17o Cuntis 10o 17o Ferrol 12o 17o Fisterra 13o 17o Lalín 9o 14o Lugo 9o 16o Monforte 7o 15o O Barco 7o 16o Ourense 11o 19o Pedrafita 3o 9o Pontevedra 13o 18o Ribadeo 11o 18o Santiago 10o 16o Verín 8o 16o Vigo 13o 18o Vilagarcía 13o 18o Viveiro 10o 17o
Predición marítima:
Costa Cantábrica: Vento oeste, forza 5 a 6; forte marusía. Visibilidade regular por precipitacións. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3 a 4 metros.
Artabro e Bares: Vento oeste pola mañá, noroeste pola tarde, forza 4 a 5 con núcleos de 6 preto de Bares; forte marusía. Visibilidade regular por precipitacións. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 4 a 5 metros pola mañá a 3 a 4 metros pola tarde.
Costa da Morte: Vento oeste pola mañá, noroeste pola tarde, forza 4 a 5; forte marusía. Visibilidade regular por precipitacións. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 4 a 5 metros pola mañá a 3 a 4 metros pola tarde.
Rías Baixas: Vento noroeste, forza 4 a 5; forte marusía. Visibilidade regular por precipitacións. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3 a 4 metros.