Policía e Garda Civil fan controis aos camións que traen madeira de Portugal

Os piñeirais de Ourense e do sur de Pontevedra, os máis ameazados polo verme do bursaphelenchus. O nematodo, que xa se extendeu por Cáceres, mata as árbores nuns meses

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Piñeiros no monte Xalo, en Carral. / carlos pardellas
Piñeiros no monte Xalo, en Carral. / carlos pardellas 

PILAR MERA | A CORUÑA "Preocupados non, moi preocupados". Así resumen os voceiros do sector forestal galego a súa inquedanza pola praga do bursaphelenchus xylophilus, un verme mortal que leva anos estragando os piñeiros de Portugal e que agora ameaza con estenderse a Galicia. A praga, detectada no país veciño en 1999 pero que desde 2008 se tornou especialmente virulenta, é unha "ameaza seria" para o monte galego, segundo asegura o presidente de Asociación Forestal Galega, Francisco Dans, que tamén recoñece que o nivel de risco de que a praga chegue a Galicia é "importante".

"Sería fatal, tremendo para o sector", engade Dans, que recorda que o único remedio para atallar a praga do piñeiro é "cortar ou queimar as árbores ou a madeira afectada". Tanto Dans como a secretaria xeral da federación de aserradoiros (Fearmaga), Ana Oróns, levan máis dun ano colaborando coa Xunta no plan especial para evitar a entrada desta praga en Galicia, un protocolo que inclúe controis policias aleatorios, da policía autonómica e da Garda Civil, dos camións que traen madeira portuguesa, inspeccións nas industrias madereiras e análises dos piñeiros e os montes galegos. "Desde 2008, toda a madeira portuguesa ten que ter un certificado conforme foi sometida a un proceso calorífico, de máis de 56 graos, que mata o verme", explica Oróns, para quen se o bursaphelenchus acaba entrando no monte galego, as consecuencias serían "nefastas" para o sector forestal. A falta de que a Xunta faga balance, polo momento o sector forestal só ten constancia dunha partida de madeira localizada pola Garda Civil sen o certificado correspondente, que foi incinerada de inmediato.

Á marxe do risco de que a praga acabe chegando aos piñeiros galegos, a ameaza do burshaphelencus (tamén coñecido como nematodo) xa provocou cambios no mercado forestal en Galicia, que até o ano pasado importaba uns 500.000 metros cúbicos de madeira de piñeiro portugués. "Importabamos sobre todo madeira en rollo (o tronco, logo de ser pelado), pero a calor á que ten que ser sometida para matar o verme faina inservible para algúns usos", di Ana.

Así, a industria forestal tivo que substituír boa parte da madeira portuguesa que adoitaba comprar por outra procedente doutras autonomías españolas ou, sobre todo, da rexión francesa de Aquitania, "onde o Goberno impulsou a exportación dos pés caídos durante o temporal de febreiro", di Dans. Ademais, a praga lusa tamén está provocando que se complique a expor- tación de madeira galega, porque "ao estar cerca de Portugal, é sospeitosa para o comprador", que esixe custosos certificados de calidade e salubridade.

O bursaphelenchus é un verme minúsculo que medra no interior da madeira, especialmente na do pinus pinaster, a especie autóctona de Galicia e Portugal. Ao entrar na árbore, comeza por volver amarelas as follas da parte superior, até que seca e mata o pé en apenas uns meses. Este verme viaxa dunha árbore a outra transportado noutro insecto, un escarabello que pode voar, polo que ademais de controlar a entrada de madeira lusa en Galicia, a Xunta tamén está vixiando o estado dos piñeiros prantados en Galicia, en especial os do sur. "As fronteiras na Península son moi relativas, non me estranaría que haxa algún piñeiro plantado metade en Galicia e metade en Portugal", di Dans, que subliña que o maior risco é para a provincia de Ourense e Pontevedra, "onde se atopan os mellores piñeirais de Galicia". En Portugal, a enfermidade do piñeiro xa provocou que o número de piñeiros plantados no país descendera case un 30% en poucos anos.

COMPARTIR
 
TV.LAOPINIONCORUNA.ES
LAOPINIONCORUNA.ES EN LA RED
FACEBOOK
Hazte fan en Facebook
YOUTUBE
Últimos videos
en Youtube
TWITTER
Sigue toda la información de A Coruña y área metropolitana en Twitter
  Encuestas de actualidad
¿Quién debe pagar el arreglo de las aceras delante de los vados?
  El Ayuntamiento
  Los propietarios de los garajes
  Ayuntamiento y propietarios al 50%
Votar »
 
RESULTADOS ACTUALES
El Ayuntamiento 66%
Los propietarios de los garajes 23%
Ayuntamiento y propietarios al 50% 11%
 
Ver más encuestas »

   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas