Identidade en Galicia 

Que significa ser galego?

Unha vintena de persoeiros de Galicia reflexionan para LA OPINIÓN sobre o feito de nacer no país

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

Ser galego é proclamalo aos catro ventos onde queira que esteas, detestar a chuvia pero botala de menos cando non cae, gozar coa paisaxe local pero quedar impávido nas praias caribeñas porque "como as de Galicia, en ningures". Malia que o presidente francés Nicolas Sarkozy foi o primeiro en abrir oficialmente o debate sobre a identidade, no país hai tempo que os galegos teñen claro quen son e cara onde queren ir

M. MORENO / P. MERA | A CORUÑA Os galegos non son, síntense. Uns salientan a importancia da lingua e da cultura propias do país, outros pensan deseguido na gastronomía, na paisaxe ou na maneira de entender as relacións familiares, o peso do fogar ou o apego á terra.

A vintena de persoerios entrevistados por LA OPINIÓN A CORUÑA, co obxecto de coñecer o que supón para eles ser galegos, coincide á hora de sinalar que a cuestión non se pode resumir nunhas cantas liñas.

A pesar de que "ser galego, non se elixe", como indica Xosé Manuel Pereiro, o decano do Colexio de Xornalistas, é certo que deixa unha pegada indeleble. Ser galego é posuír un acento cantarín que se fai máis agudo cando te afastas da terra; é o pracer de comer durante horas até que só queda un ana- co no prato -que terminará no lixo-; pensar en emigrar cando as cousas non van como che gustaría pero non marchar porque en ningures se vive tan ben coma aquí.

"É raro que un galego deixe a terra e que non volte nunca máis", sinala a actriz de moda María Castro, coñecida en Madrid pola súa intervención na exitosa serie de televisión Sin tetas no hay paraíso.

Outros, como o ciclista de Mos Óscar Pereiro, teñen a sorte de triunfar e de ser recoñecidos máis aló de Pedrafita pero sen ter que abandonar o país. Quizáis por iso, Pereiro é quen de afirmar que nin se lle ocorre pensar en vivir fóra de Galicia. "Estou superorugulloso de ser galego e non cambio vivir aquí por nada do mundo", engade o gañador do Tour de Francia no ano 2006.

"Antes que coruñés sempre digo que son galego", apunta o presidente nacional das cofrarías, Genaro Amigo, emigrante retornado e residente na actualidade na Costa da Morte, no Concello de Malpica.

Máis aló dos tópicos, galegos en Galicia ou emigrados non esquecen as súas orixes, proclaman, onde queira que estean, de onde veñen, pero, e por enriba de todo, saben moi ben onde desexan ficar.

COMPARTIR
 
TV.LAOPINIONCORUNA.ES
LAOPINIONCORUNA.ES EN LA RED
FACEBOOK
Hazte fan en Facebook
YOUTUBE
Últimos videos
en Youtube
TWITTER
Sigue toda la información de A Coruña y área metropolitana en Twitter

   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes