Proposición non de lei

A Cámara pide a constitución efectiva da Axencia de Radiocomunicacións

 18:43  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

Os parlamentarios consideran que deste modo se cumprirían os diferentes acordos, tanto da Cámara galega como do Congreso, para desenvolver esta acción

EFE O Parlamento galego aprobou hoxe, por unanimidade, unha proposición non de lei presentada polo PPdeG, que foi transaccionada co BNG e o PSdeG, pola que lle solicita ao Goberno central a "constitución efectiva" da Axencia Estatal de Radiocomunicacións e que a sede sexa Galicia.

Segundo o texto aprobado, os deputados solicitan, ademais, que se garantan os compromisos orzamentarios e as dotacións patrimoniais que se puidesen derivar das negociacións co Goberno para a posta en marcha da sede desta axencia.

Por outra parte, o Parlamento aprobou hoxe tamén cos votos do PP, o rexeitamento do BNG e a abstención do grupo socialista, unha iniciativa do grupo popular pola que a Cámara galega insta á Xunta a desenvolver un programa de mellora da competitividade do comercio de proximidade.

Segundo defendeu a deputada do PP Cristina Romero, entre os obxectivos deste plan están modernizar e adecuar o comercio polo miúdo co fin de mellorar o seu atractivo comercial e incorporar as tecnoloxías da información e comunicación aos pequenos comerciantes.

A deputada popular tamén sinalou que o dito plan servirá para fomentar a profesionalidade do sector, coordinando e impulsando políticas de formación, mellorará a rendibilidade empresarial a través da promoción e a creación de centrais de compras e fomentará o comercio de calidade.

Tamén no pleno do Parlamento desta mañá, foi rexeitada, cos votos do PP, unha iniciativa do PSdeG, apoiada polo BNG, pola que lle solicitaba á Xunta que desenvolvese cantas medidas fosen necesarias para apoiar, impulsar e favorecer a adquisición, por parte de cooperativas galegas, lideradas por Feiraco, da factoría que Pascual ten en Outeiro de Rei.

Na iniciativa, os socialistas pedíanlle ao Executivo galego que mostrase o seu apoio institucional, a súa participación económica e a súa implicación política nun proxecto que serviría para sentar as bases dun grupo lácteo galego, de modo que se garantiría a actividade da planta, o mantemento dos postos de traballo e a recollida do leite aos produtores.

Segundo indicou a deputada Sonia Verdes (PSdeG) durante o debate, o proxecto liderado por Feiraco coas cooperativas galegas é o "único sólido, fiable e viable" e criticou o Goberno galego por querer impedir o "casamento" da planta de Pascual cos "pretendentes" que ten.

"Queren amañar o seu casamento con outros", asegurou.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
EXTRAS EN LA WEB

Destacados

EL TIEMPO
Consulta la predicción
       meteorológica
EN MI OPINIÓN
Envía tus propios
        artículos

-------------------------------------------------------------------------
AGENDA
Disfruta de tu tiempo
        libre
BLOGS
Sigue las bitácoras
        más interesantes

Especial LOTERÍAS Y APUESTAS

Sorteos de la
lotería y la quiniela

Loterías y apuestas

Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.

 

Widgets

Igoogle
Personaliza tu página de inicio de Google con las últimas noticias
www
Llévate las noticias de laopinioncoruna.es a tu web
Rss
Sigue las noticias de laopinioncoruna.es a través de RSS
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009