Personaxes populares axudarán a promocionar o Xacobeo en 2010

O Goberno galego dedicará 638.000 euros a un plan estratéxico para de comunicación para atraer visitantes de fóra da comunidade

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

J. PÉREZ | SANTIAGO Desde os primeiros compases da organización do inmediato Xacobeo, tanto a Consellería de Cultura como o xerente da sociedade recoñeceron que a popularidade do Camiño e das peregrinacións había que engadirlle un plus de marketing. De publicidade. E ese é o obxectivo do plan estratéxico de comunicación e relacións públicas que a Xunta vai contratar cun orzamento de 638.000 euros. Todas as medidas que contempla están destinadas a atraer visitantes de fóra de Galicia, co "interese prioritario" posto en Madrid, Cataluña, Castilla-León, Comunidad Valenciana, Andalucía, País Vasco e Extremadura e con, entre outras fórmulas, a "movilización" de "líderes de opinión" que aporten "imaxe e repercusión mediática".

Na práctica, según recoñecen as cláusulas do propio contrato, a empresa que se adxudique o servicio vai funcionar como "unha extensión" do departamento de comunicación que ten xa el Xacobeo 2010, pero de Galicia para fóra, no resto de comunidades e "naqueles países extranxeiros que se consideren prioritarios". A xerencia lembra que pese a que se trata dunha "celebración intimamente vinculada á fé e a tradición católica", como "todo o relacionado co Camiño de Santiago", tanto o seu significado como a súa proxección "trascende dunha confesión concreta" e trátase dun "referente cultural, histórico, sociolóxico, vital, natural e humano con traducións para xentes de orixes e crenzas diversas".

Por iso o plan obriga a que a estratexia de comunicación o recolla e potencie "co máximo respecto á diversidade", aínda que sen "perder de vista a anclaxe histórica fundamental do Camiño na tradición cristiana e europea". O mercado a buscar pasa, segundo as condicións do contrato, por esforzarse entre os peregrinos e os visitantes en xeral -"mozos de 18 a 35 anos, familias, adultos de máis de 50 anos, parellas sen fillos no fogar e xubilados con espírito xove"- e como targets secundarios, todos aqueles que se movan por un sentido relixioso, espiritual, ecolóxico, cultural ou por pracer, "interesados pola gastronomía, restauración e a calidade de vida dos galegos".

COMPARTIR
 
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes