Mapa financieiro galego

O PSdeG insiste en apostar por unha alianza das caixas a través dun SIP

 16:23  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

Esta solución, manifestou, sería "un punto de partida moi positivo para Galicia", mentres o de chegada "podería ser" dentro de cinco ou sete anos "o que decidamos todos"

EFE O PSdeG considera que o futuro das caixas galegas pasa por unha alianza entre as dúas entidades a través dun Sistema Institucional de Protección (SIP), como primeiro paso para un "futuro común" nuns anos e, en principio, non ve viábel unha fusión pola postura en contra dunha delas.

O secretario xeral do PSdeG, Manuel Vázquez, informou hoxe de que esta é a postura do seu partido, un día antes de que produza a reunión en que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, exprese a partidos, a axentes sociais e aos representantes dos empresarios a posición do Goberno sobre este asunto.

Ao ser preguntado por se o PSdeG defenderá unha fusión nesta reunión co presidente galego, o dirixente socialista apuntou que, para garantir a galeguidade das caixas e a súa solvencia, conviría, "en primeira instancia", promover unha alianza entre as entidades galegas a través dun SIP, mediante acordos empresariais, cos sindicatos e avalada polas tres forzas políticas.

Esta solución, manifestou, sería "un punto de partida moi positivo para Galicia", mentres o de chegada "podería ser" dentro de cinco ou sete anos "o que decidamos todos".

Esta decisión, agregou, garantiría a autonomía das caixas, sería un acordo "pragmático" e supoñería o comezo dun "camiño converxente a un futuro común".

Indicou que esta postura é a que o PSdeG defenderá, aínda que están dispostos "a escoitar outras alternativas, pero esa é a opción do Partido Socialista".

Ademais, Manuel Vázquez negou diferenzas no seo do PSOE respecto da fusión das caixas, e indicou que todos neste partido están a favor desta alianza mediante un SIP, incluídos os alcaldes da Coruña e Vigo, xa que supón "complementar as nosas potencialidades" e "unir esforzos, poñer en común o que temos".

Tamén supón, dixo, respectar as estruturas das dúas entidades, ao tempo que considerou difícil de explicar que se poida defender un SIP entre caixas de fóra e non entre as galegas.

Ademais, indicou que existe un preacordo entre Caixa Galicia con Caja Madrid e outro entre Caixanova e Cajastur e Caja Cantabria.

"O normal sería que, primeiro, intentásemos fortalecer as nosas caixas a través dunha grande alianza", apuntou.

Sobre se non sería máis positivo unha fusión, dixo que non, xa que "pode ser un punto de chegada, pero para un punto de partida non é tan positivo porque, para empezar, non queren" ambas as entidades.

"Hai fusión cando as entidades deciden que haxa fusión", mais no actual escenario "todo apunta a que unha entidade non quere fusionarse e outra si", manifestou.

Ademais, Manuel Vázquez ofreceu a "colaboración total" do seu partido nun acordo que garanta a galeguidade e a solvencia das entidades crediticias e o apoio ao Goberno galego para que o modelo sexa consensuado e "se for posíbel, aceptado por todos os actores".

En todo caso, o responsábel socialista dixo ter a sensación de que nas reunións de traballo ante o futuro das caixas foron "moi de trámite" xa que "ninguén estaba moi predisposto a asumir achegas".

Pareceulle "máis unha negociación desganada, en que se fala e non se escoita", o que supón unha "defensa pouco ardorosa" das propostas, ao entender que tanto o Goberno como as caixas manteñen unha posición xa prefixada.

A decisión que finalmente presente o xefe do Executivo, dixo, "obrigaranos na medida que percibamos que o interese de Galicia está por riba" de calquera outro de carácter partidario, ao tempo que considerou que o PP galego mantén unha liña "absolutamente distinta" neste asunto ao dos dirixentes nacionais Mariano Rajoy e Cristóbal Montoro.

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA
EXTRAS EN LA WEB

Destacados

EL TIEMPO
Consulta la predicción
       meteorológica
EN MI OPINIÓN
Envía tus propios
        artículos

-------------------------------------------------------------------------
AGENDA
Disfruta de tu tiempo
        libre
BLOGS
Sigue las bitácoras
        más interesantes
Loterías y apuestas  
Loterías y apuestas
Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.

Widgets

Igoogle
Personaliza tu página de inicio de Google con las últimas noticias
www
Llévate las noticias de laopinioncoruna.es a tu web
Rss
Sigue las noticias de laopinioncoruna.es a través de RSS
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009