Catedrático de Historia e responsable do proxecto 'Nomes e voces'

Lourenzo Fernández Prieto: ´Fíxose moita política coa memoria e pouca política da memoria´

"O Goberno podía anular leis inxusta do pasado e non se fixo. Os mortos da Guerra Civil e a ditadura aínda hoxe o foron legalmente"

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Lourenzo Fernández Prieto.
Lourenzo Fernández Prieto. 

R. PRIETO | A CORUÑA Lourenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia e responsable do proxecto para a recuperación da memoria histórica Nomes e voces, aboga por facer unha maior divulgación do "pasado incómodo", en refencia aos anos da Guerra Civil e a represión da postguerra. No seu libro Facendo Historia con memoria, presentado onte na Coruña, Fernández Prieto alerta " das "tentacións" de "manipular" a Historia por parte dalgúns sectores.

-De non ser polos historiadores e investigadores, a memoria da Guerra Civil quedaría soterrada?

-Non, a memoria estaba aí. Foi gardada e modificada e abríndose camiño cara o espazo público da democracia ata chegar ao Parlamento. O movemento cívico a prol da memoria medra e crea un tecido asociativo dende hai case 15 anos. A iso chamóuselle memoria histórica, un termo que dende os anos sesenta usa de cote Semprún, e que foi conceptualizado por Maurice Holbachs. Pero a memoria non é a Historia, como se indica no libro, aínda que a Historia pode facerse con memoria e con memorias.

-Aínda hoxe resulta incómodo falar da Guerra Civil?

-Si, como non ía resultar... É o noso pasado incómodo pero o presente, dende a democracia e o valor dos dereitos humanos, non pode enfrontalo cantando á ignorancia senón fomentando o coñecemento. Tampouco dende as posicións enfrontadas militarmente na guerra, senón dende a distancia e os valores do presente, incluíndo a repudia do xenocidio e do exterminio do enemigo político como método para tomar o poder. Tan propio das prácticas totalitarias dos anos trinta. Todos os mortos eran iguais, non os hai bos nin malos, foran José Robles, Muñoz Seca ou Lorca.

-O Goberno da por resarcidas ás vítimas coa lei da memoria histórica. É suficiente?

-Os parlamentos lexislan, non dictan a Historia que nas sociedades libres é producto dun debate libre. O que si poden facer é anular as leis inxustas do pasado e iso non se fixo. Os mortos e encarcelados aínda hoxe o foron legalmente. Diso falaba Kafka no Proceso porque como sempe a literatura avanza o mundo que vai vir por terrible. Aquí os procesos kafkianos non foron anulados, nin relidos (mais que polos historiadores), porque de selo non resisitirían o xuízo da sensatez democrática.

-A Coruña é unha das cidades con máis simboloxía franquista. É partidario de retirar das rúas e das fachadas os recoñecementos a xenerais golpistas?

-A min non me gustaría vivir nalgunha rúa e poñer ese enderezo no sobre, sabendo o que sei e valorando o que valoro como historiador e como cidadán. Só o descoñecemento permite a perpetuación dos golpistas en lugares preminentes. Nisto, como en todo, cómpre ser partidarios do coñecemento que é o que nos fai libres... O problema é que aquí fíxose moita política ca memoria e pouca política da memoria.

COMPARTIR
 
TV.LAOPINIONCORUNA.ES

   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009