Presidente da Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI)

Pedro Gómez-valadés: ´Israel cumpre o que asina, o inimigo dos palestinos son os integristas´

"O penoso conflito que tiven co BNG foi responsabilidade exclusiva do partido, que só me expulsou por ser pro hebreo"

01-02-2010  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
Pedro Gómez-Valadés.
Pedro Gómez-Valadés. 

P. M. | A CORUÑA Tres anos despois de constituírse no medio da polémica entre o seu presidente e o BNG, a Asociación Galega de Amizade con Israel (AGAI) presume de contar con 300 socios e outros tantos simpatizantes "de esquerdas, de dereitas, xudeus, católicos, ateos... plurais".

-Un dos obxectivos de AGAI cando naceu era loitar contra a "xudeofobia" e a "banalización do Holocausto". Conseguéstelo nalgunha medida?

-Efectivamente ese era un dos nosos obxectivos, mais tratándose dunha tara mental secular non podemos, sendo realistas, pretender resolvela nós. A nosa contribución é o combate argumental, a denuncia constante das actitudes xudeófobas que desafortunadamente son abundantes e moi perigosas.

-Que actividades e logros de AGAI destacarías nestes tres anos de vida? Sorprendeuvos a acollida na sociedade galega?

-Fixemos moitísimas actividades, conferencias, proxeccións, semana de cinema israelí, revista, etc? pero eu destacaría o feito de que conseguimos actuar con plena normalidade nun entorno que no noso nacemento foi visceralmente hostil contra nosa.

-AGAI fíxose coñecida en parte pola polémica entre o BNG e vostede, que rematou sendo expulsado do partido. Aquela cuestión quedou atrás ou aínda colean as tensións?

-O conflito foi responsabilidade exclusiva do BNG, que coa súa actitude democraticamente inaceptable provocou un enfrontamento penoso. Expulsáronme por ser prol israelí e xa non estou no partido. Pero si temos aínda moitos socios militantes do BNG, incluso membros da dirección, pero desde o anonimato para evitarse problemas.

-Como vedes o conflito israelí-palestino nestes momentos, un ano despois da invasión hebrea da franxa de Gaza, da chegada de Obama á Casa Blanca e da dereita radical ao Goberno xudeu?

-Honestamente, non podo dicir que son totalmente optimista, pero si dun xeito moderado. Porque as pezas para resolver o conflito están xa todas sobre a mesa. Israel responde polo que asina, está historicamente demostrado coa retirada do Sinaí ou de Gaza no 2005. Pero para que calquera acordo sexa viable, é preciso que a parte palestina tamén poida garantilo. E lamentablemente a día de hoxe a división entre Hamás e a ANP de Al Fatá fan moi dificil chegar a un acordo pleno. Na miña opinión, o inimigo principal da causa palestina é o integrismo islámico.

COMPARTIR
 
TV.LAOPINIONCORUNA.ES
LAOPINIONCORUNA.ES EN LA RED
FACEBOOK
Hazte fan en Facebook
YOUTUBE
Últimos videos
en Youtube
TWITTER
Sigue toda la información de A Coruña y área metropolitana en Twitter
  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO

   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009