O exemplar do carballo da Rocha, en Rairiz de Veiga (Ourense), foi declarada árbore senlleira en abril de 2007. Convive con outras árbores centenarias de propiedade particular. Na carballeira celébrase todos os 24 de setembro a romaría da Saínza, unha das poucas festas que representan a loita entre cristiáns e musulmáns en Galicia.