-Confía en que en 2016 En Marea encabezará a alternativa en Galicia?

-Que incorporacións? Do BNG? Porque non creo que o PSOE se sume.

-O PSOE ten que tomar unha decisión. Ou aposta por seguir sendo unha das columnas vertebrais do réxime borbónico ou aposta por recuperar o proxecto socialdemócrata. En canto ao BNG, confío en que faga unha reflexión sobre o que aconteceu desde hai varios anos, que sexa congruente e que teña en conta que para lanzar ao pobo galego un paso adiante no camiño da súa autodeterminación efectiva hai que contar con que a nación galega non é só a que vota en clave estrictamente nacionalista. Eso é o que ten que facer o BNG. A interlocución co outro espazo construido polo BNG, Iniciativa pola Unión, para chegar á confluencia, non foi posible neste proceso de eleccións xerais, pero si sería posible agora dado que a ventá para a expresión da unidade popular segue aberta.

-E o papel do PSOE cal sería?

-O PSOE é un partido, históricamente, socialista, republicano e federalista. Se é congruente cos seus principios, volverá ao rego. Si quere ser Partido Socialista Obrero, non pode seguir así.

-Como ve ao BNG tras os resultados nas xeráis?

-Dentro do BNG teñen que abordar un proceso de reflexión, con un compoñente indispensable de autocrítica que nós levábamos reclamando entre o 2005 e o 2012. En Marea fai hoxe o que o BNG facía nos noventa.