-Está esgotado o ciclo de Feijóo?

-O Goberno de Feijóo non ten nada que ofrecerlle a este país. As súas receitas son fracasadas. Prometeu que o país ía saír da crise e temos un país máis endebedado, con máis crise, máis desigualdade e máis inxusto.

-Cal foi o principal erro de Feijóo?

-O peor foi a perda das caixas de aforro porque eso lastra as posibilidades de desenvolvemento do país. É un Goberno que esquenceu que o máis importante é que a xente teña oportunidades e a moita xente só lle ofreceu a resignación e a maleta. É un Goberno sen corazón .

-Cal sería a oferta do BNG?

-Ofrecemos unha opción nacionalista, sólida, cos pés e o corazón nesta terra, que vai defender a maioría social deste país, que vai defender un xiro do goberno para rescatar Galiza e aos galegos que neste momento sufren as consecuencias da crise económica.

-Tras perder a representación nas Cortesnas eleccións do pasado 20 de decembro, cales son as expectativas do BNG para os comicios autonómicos?

-Presentámonos con vocación de romper coa desesperanza de moitas personas. Saímos a gañar, a por todas, coa convicción de que temos unha alternativa de futuro para os galegos e as galegas. Quedan moitos meses para convencer á xente de que a alternativa é a nacionalista.

-Pensa entón que Feijóo vai agotar lexislatura?

-É mo difícil facer pronósticos. Feijóo está barallando a idea de adiantar se se convocan as eleccións xerais, pero o BNG está preparado para calquera escenario.