Após varios días sen luz e trastornos sen fin en casas, negocios, granxas, etc., a Consellería de Economía anuncia un primeiro paso para determinar que actuacións levaron a cabo as distribuidoras eléctricas no que atinxe a cortes de luz que aínda perviven no rural e que, por suposto, deberon ser causados polo forte temporal que na fin de semana azoutou a comunidade autónoma. O paso: un expedente informativo.

Deste expedente tirarase unha conclusión xa coñecida: co mal tempo non se xoga.

E con que xogan os gandeiros que non poideron facer uso das muxidoiras, que fan os propietarios de instalacións frigoríficas que gardaban alimentos que xa non poderán ser utilizados, que fan os veciños coas velas e candís de gas, lanternas e demáis elementos adquiridos para se alumar e quentar todos estes días?

Ó mellor, a Consellería da por seguro que as eléctricas van vir ao rego algún día.

O oligopolio manda, señor Conde.