-O BNG defende que Galicia decida o seu fuguro. En que nos beneficiaría esa capacidade?

-O Estado español está empeñado en non permitir ningunha reforma democratizadora. Para nós, o problema máis importante é que cando falamos de dereito a decidir, tratáse de cousas de comer. De que nos deixen producir, decidir sobre a nosa agricultura, a nosa pesca? Nós temos que ter instrumentos financeiros propios.

-Os galegos estarían mellor xestionados cunha fiscalidade propia?

-Por suposto. Despois do que foi o desmantelamento financeiro que se fixo das nosas caixas, de que se vendese todo e houbese un espolio gravísimo? E aquí parece que non pasa nada. Se hai xente que ten dúbidas, teñamos un pouco de ousadía e intentemos doutra maneira para ver se é máis xusto. Nós estamos seguros de que si. Estamos nun momento de políticas ousadas e transformadoras. Decidamos nós que facer cas nosas potencialidades.

-Como pode afectar aos nacionalistas en xeral o proceso que se está levando en Cataluña?

-Todo o que sexa a loita por ese dereito a decidir é bo. Vivimos nun ataque sen precedentes a unha realidade que non se pode negar. O nacionalismo está pondo enriba da mesa que este réxime e Estado non vale. Todo o que sexa xerar debate e reivindicar o dereito a decidir como lexítimo, fainos máis democráticos. Se o dereito a dedicir residise no pobo galego, algunhas das decisión tomadas nos últimos anos non se tomarían.