Norma que avanza, norma insuficiente

12.01.2018 | 01:35

A entrada en vigor da nova Lei de Benestar Animal de Galicia supón un punto e aparte na protección dos animais en non poucos aspectos, apostando pola prohibición de prácticas cruentas como o adestramento con colares de descargas eléctricas, as mutilacións de orellas, rabos ou cordas vogais por mera estética "ou para que non molesten", a regulamentación para evitar a exhibición de animais en tendas, máis todavía resta moito por facer.

Non podemos esquecer que foron campañas intensas, como as desenvolvidas por LIBERA! e a Fundación Franz Weber as que lograron introducir o veto a empregar animais silvestres en circos ou perseguir o encadenamento permanente de animais con multas de ata 5.000 euros, máis a realidade é que a nova norma chega cunha dotación orzamentaria claramente insuficiente.

A Xunta de Galicia só consignou, para todo 2018, uns 100.000 euros adicados a actuacións relacionadas co benestar animal no conxunto dos concellos. É dicir, unha media de 319 euros por municipio. Quenes rescatamos animais sabemos que con este diñeiro é imposible atender a un só ser vivo que estivera ferido. Que espera a Xunta facer con estes cartos? Que os concellos fagan malabares?

Certo é que os municipios non recibiron apoio algún da administración galega para aplicar as novas disposicións da Lei de Benestar Animal, pero non menos certo é que poucos concellos traballan no desenrolo de políticas municipais de protección aos animais. A inmensa maioría segue sen ter, 24 anos despois, un servizo de recollida de animais abandonados, feridos ou extraviados, case ningún defende o 'sacrificio cero' e outros seguiron permitindo espectáculos con animais a pesares de coñecer os seus efectos nocivos.

Non podemos esquecer que grande parte de Europa ten normas moito máis avanzadas para defender aos animais, máis tamén para xerar unha convivencia responsable a través de campañas de investimento, financiadas ás veces con taxas especiais para as persoas que custodian animais ou cos cartos recadados das multas. Nos últimos anos foron abandonados en Galicia milleiros de animais, pero a Xunta non multou ao 99,9%. Que pode xerar máis sensación de impunidade neses desalmados que deixan un can atado no monte ou nun pozo que saber que xamáis vai ser sancionado?

Temos a obriga de seguir denunciando o maltrato, máis tamén esixir que as leis que protexen aos seres vivos sexan xustas, e non establecer distincións como prohibir a aberración do tiro ao pombiño e deixar de lado aos touros, como se foran simples pedras.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia
 


 

El periódico continuará ofreciendo, día a día, segundo a segundo a través de su web, el aire fresco que introdujo en 2000 en el panorama informativo coruñés

 

Enlaces recomendados: Premios Cine