Cada consellería terá un delegado de Protección de Datos, unha especie de Valedor do cidadán en materia cibernética. Esta é outra das novidades da Administración autonómica na súa política de seguridade e explícase porque o Executivo galego debe adaptarse á nova normativa europea que entra en vigor o día 25. Este delegado debe vixiar que se cumpre a normativa de protección de datos na Xunta, e, en caso de dúbida, informar e asesorar aos funcionarios.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia coordinará a estes delegados. Tamén poderán designarse delegados de protección de datos nos entes da Administración paralela da Xunta.