VAISE DE SEU

Imos á publicidade

 
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto

.

Fernando González, `Gonzo´.

Cando estaba xa por rematar esta semana camiño de ser unha máis en canto a cousas das que falar, xurdiron un par de novas que me fan rir e incluso aplaudir. Ámbalas dúas facían

referencia a campañas publicitarias ben polémicas.

Por unha banda, Metro de Madrid buscaba promocionar a súa puntualidade coa temática futbolística. E tratándose de Madrid, nada mellor que utilizar a un atlético e a un madridista. Nada novo nesto da publicidade o de presentar dúas opcións, comparar e amosar que a mellor é a que quere vender o anunciante.

Así que a cousa quedou en que o madridista ía en metro ao campo e o atlético optaba por levar o seu coche. O cívico madridista le o xornal no transporte público mentres que o outro fuma e fala polo móvil no coche. Ao final, non podía ser doutro xeito, o merengón chega a tempo, colle bo sitio e desfruta do encontro, mentres que o colchoneiro non atopa onde deixar o coche e cando o consegue, as portas xa están pechadas.

Por outra banda, o PSOE lanza outra campaña na que pretende defender a asignatura de Educación para a Cidadanía. A técnica publicitaria escollida é semellante á anterior: amosar e comparar.

Tomando como referencia un coñecido concurso da tele aparecen un mozo caracterizado como pijo do PP e unha moza normal. O primeiro, máis preocupado polo seu flequillo non só non acerta ningunha resposta senón que ademais califica ás mulleres de inferiores, aos homosexuais como mariconas e a "Gosé" María Aznar como defensor dos dereitos humanos. Ao mesmo tempo a súa contrincante acerta todas as respostas despois de escachar a rir coas contestacións do pijo.

Nin que dicir ten que tanto os atléticos como os populares sacaron o dedo acusador. A polémica está servida. As campañas convértense en novas e os noticieiros de radio, prensa e televisión tratan o tema. Liña, bingo e gol pola escadra!!!

De seguro que nin vostedes nin a maioría da xente tería sabido destos anuncios de non ser porque os seus creativos pensaron que en amolar a atléticos e populares estaba o éxito da campaña. No caso do anuncio de Metro de Madrid, estes deben estar xa apuntados na lista do INEM, se o Goberno da Comunidade compre coa súa promesa de condena e exposición pública dos culpables. É dicir que se van aforrar os soldos dos responsables da campaña e os gastos da propia campaña e todo iso co obxectivo cumprido.

Son listos de máis os creativos publicitarios? Morderon o anzol os medios de comunicación? Ao mellor tamén se habería que preguntar quen non se botou a rir ou a berrar cando viu os anuncios. O certo é que a polémica funciona neste país e diso non só se aproveitan os publicistas.

Non difiren moito destas campañas aqueloutras basadas en queimar fotografías do Rei, en agochar a bandeira de España tras un pano, en amosar camisolas de fútbol no Congreso dos Deputados.

Ao final ocorre que Metro de Madrid consegue que o país enteiro coñeza a súa oferta, o PSOE sen gastar un peso amosa a súa irónica defensa da asignatura en cuestión en hora de máxima audiencia e en tódalas canles, un feixe de independentistas cataláns ocupan as portadas dos xornais e a rolda de prensa dun grupo municipal minoritario alcanza relevancia nacional.

Por certo que se a algún de vostedes se lles está a pasar pola cabeza relacionar a apocalipse nacional que pregonan algúns cunha campaña publicitaria, é porque non escoitou a Rajoy o venres en Vigo. Dixo o candidato nunha conferencia na cidade olívica que a xente está farta de debates identitarios que non levan a ningures. Que a publicidade tamén teña en conta o entorno e o destinatario para seleccionar as súas mensaxes debe ser logo unha coincidencia co cambio de discurso do candidato que nese momento era conferenciante. E nunha conferencia non hai a suficiente xente como para ir a publicidade.



Fernando González, `Gonzo´, reporteiro

en `Caiga Quien Caiga´

COMPARTIR
 
  HEMEROTECA

Destacados

EL TIEMPO
Consulta la predicción
       meteorológica
EN MI OPINIÓN
Envía tus propios
        artículos

-------------------------------------------------------------------------
AGENDA
Disfruta de tu tiempo
        libre
BLOGS
Sigue las bitácoras
        más interesantes

Especial LOTERÍAS Y APUESTAS

Sorteos de la
lotería y la quiniela

Loterías y apuestas

Consulta los resultados de los principales sorteos de la lotería y la quiniela.

 

Widgets

Igoogle
Personaliza tu página de inicio de Google con las últimas noticias
www
Llévate las noticias de laopinioncoruna.es a tu web
Rss
Sigue las noticias de laopinioncoruna.es a través de RSS
   CONÓZCANOS:   CONTACTO  |  LA OPINIÓN A CORUÑA  |  LOCALIZACIÓN       PUBLICIDAD:   TARIFAS WEB  |  TARIFAS PAPEL  |  CONTRATAR   
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad 2009