AGENCIAS
A Coordinadora Europea Vía Campesiña analizará mañá e pasado en Betanzos (A Coruña) a situación de agricultoras e gandeiras dende a perspectiva política, sindical e social a través das experiencias de profesionais agrarias de Austria, Noruega, Francia, España, Portugal e Bélxica.
No encontro, organizado polo Sindicato Labrego Galego (SLG), tamén se tratará a violencia exercida contra as mulleres e, en concreto, presentarase unha campaña internacional para erradicar esta lacra.
Produtoras galegas estudarán xunto a colegas doutros países europeos a situación que atravesan dende a perspectiva profesional cos últimos cambios da Política Agraria Común (PAC). Así mesmo, centraranse no papel das mulleres agricultoras e gandeiras respecto ás accións de desenvolvemento rural.
Ademais do SLG, participarán no Encontro de Mulleres da Coordinadora Europea Vía Campesiña mulleres das organizacións integradas nela, como Österreichische Bergbauernvereinigung (ÖBV) de Austria; Norsk Bonde - Og Smabrukarlag (NBS) de Noruega; Confédération Paysanne (CP) de Francia; Confederaçâo Nacional dá Agricultura (CNA) de Portugal e a Coordinadora de Agricultores e Gandeiros (COAG).