BETANZOS

Biografía dun pai e Fillo Predilecto

Betanzos festexa o Día das Letras Galegas coa presentación dunha biografía de Vales Villamarín escrita polo seu fillo

 20:05  
José Domingo Vales Vía, á esquerda, Ramón García e Alfredo Erias. / la opinión
José Domingo Vales Vía, á esquerda, Ramón García e Alfredo Erias. / la opinión 

A. P.| BETANZOS O Concello de Betanzos presentará hoxe con motivo do Día das Letras Galegas o libro No regazo da noite estrelecida, a biografía "apaixonada" de José Domingo Vales Vía sobre o seu pai, Francisco Vales Villamarín. O alcalde, Ramón García, o historiador Alfredo Erias e o fillo do cronista da Cidade dos Cabaleiros presentaron onte aos medios un libro que repasa a figura do "educador entusiasta", poeta, periodista, investigador e impulsor do Anuario Brigantino.

A obra ve a luz ao tempo que o Concello de Betanzos inicia as xestións para que a Real Academia Galega dedique a Vales Villamarín o Día das Letras Galegas en 2013. E todos confían en que o próximo ano será o deste "entusiasta" pedagogo de orixe humilde, fundador e presidente da Irmandade da Fala de Betanzos e cronista que salvou boa parte do arquivo municipal de Betanzos, entre outros méritos.

O rexidor aproveitou a presentación da biografía para festexar por adiantado un día, o das letras galegas, que Betanzos celebrará de "modo especial" en recordo do seu fillo predilecto. García avanzou que a proposta de dedicarlle o Día das Letras Galegas conta xa co apoio de moitas institucións. Alfredo Eiras puxo o acento na polifacética figura de Vales Villamarín. Poeta, investigador, periodista e, sobre todo, un entusiasta mestre. "Non vin alumnos máis apaixonados dun mestre que os de don Francisco", destacou. Para exemplificar o seu legado, Erias apelou a revista de historia, belas artes e etnografía Anuario Brigantino. "Él plantou unha árbore que hoxe é frondosa. Cada vez que sae o anuario Vales está presente", sostivo.

O seu fillo asinte. Vales Vía asegura que o mellor eloxio que puideron facerlle a seu pai foi "ver renacer o anuario tras trinta anos de silencio". "Deulle forzas para morrer en paz", afirma. Lonxe de analizar a súa obra, a biografía repasa a traxectoria vital de Vales Villamarín e tamén, un retazo do devenir de Betanzos. A medio camiño entre a memoria familiar e a historia, o libro traza un retrato dun home que "limpo de vanidade recibiu os mellores eloxios".

  HEMEROTECA

Sigue las noticias de A Coruña en:

FacebookTuentiYoutubeTwittertwitter deprotesFlickr Google plus

Concursos LNE
CONCURSO

El peque de la casa

Vuelve el Peque da la Casa con la colaboración del  Corte Inglés.

Concurso

 

Sorteamos 2 entradas semanales, válidas para cualquier día de la semana, incluídos festivos, en los cines Filmax del CC Cantones Village

Participa
 

Galicia

 
Vista del lago y la central térmica desde la montaña de la escombrera

Un lago para ocio y producción de energía

La Xunta y la compañía energética negocian los usos turísticos e hidráulicos del yacimiento . La playa, a la sombra de la central, supera los 30.000 metros cuadrados y la temperatura del agua alcanzará los 24 grados

 

Canal

 Liga de FútbolCanal de Música Folk

Toda la actualidad del mundo folk nacional e internacional, en nuestro canal.

  LA SELECCIÓN DE LOS LECTORES
 LO ÚLTIMO
 LO MÁS LEÍDO
 LO MÁS VOTADO
CONÓZCANOS: CONTACTO | LA OPINIÓN A CORUÑA | LOCALIZACIÓN | ACERCA DE ED. GALEGO PUBLICIDAD: TARIFAS | CONTRATAR
laopinióncoruña.es es un producto de Editorial Prensa Ibérica
Queda terminantemente prohibida la reproducción total o parcial de los contenidos ofrecidos a través de este medio, salvo autorización expresa de laopinióncoruña.es. Así mismo, queda prohibida toda reproducción a los efectos del artículo 32.1, párrafo segundo, Ley 23/2006 de la Propiedad intelectual.
Adaptado a la Ley de Protección de Datos por
 


  Aviso legal
  
  
Otros medios del grupo Editorial Prensa Ibérica
Diari de Girona  | Diario de Ibiza  | Diario de Mallorca | El Diari  | Empordà  | Faro de Vigo  | Información  |  La Opinión de Granada  |  La Opinión de Málaga  | La Opinión de Murcia  | La Opinión de Tenerife  | La Opinión de Zamora  | La Provincia  |  La Nueva España  | Levante-EMV  | Mallorca Zeitung  | Regió 7  | Superdeporte  | The Adelaide Review  | 97.7 La Radio  | Blog Mis-Recetas  | Euroresidentes  | Lotería de Navidad | Oscars | Premios Goya