"Finou Hugo Chávez, pero nunca finará o seu valor, a súa valía, a súa obra, e a súa pegada", aseverou onte no seu perfil de Facebook o alcalde, Ángel García Seoane. O rexedor, que adoita ter escasa actividade nas redes sociais, volcouse onte en homenaxear a labor do recén finado presidente de Venezuela, Hugo Chávez. Ata sustituiu a súa foto de perfil por unha imaxe de Chávez con camisa vermella e puño en alto. A foto do mandatario aparecía na páxina de García Seoane xunto a unha vista da costa de Oleiros.

Leer más en Orbyt