Antón Chouciño, informático na Consellería de Facenda e independente, foi elixido coma cabeza de lista do BNG de Culleredo nunha asamblea celebrada o pasado partes. Das once personas elixidas, cinco non teñen militancia política. Na candidatura está tamén, de número 7, Manuel Baldomir, mariscador a pé na ría do Burgo e expresidente dos mariscadores ademais de membro do gobernó da Cofradía da Coruña. A lista complétase cos siguientes nomes: Rocío Sampedro, que foi edil de Sanidade entre 2011 e 2013, está no posto número dous; Suso Baños (independente), no terceiro; Alba Pérez, cuarto; de quinto, Manuel Anxo García; de sexto, Ana Brandón (independente); Malene Anaya (independente), octavo; Xosé Luis Torres, noveno; Teresa Ramiro (tamén mariscadora a pé no Burgo ademais de poeta), vai no décimo posto; e Francisco Xabier Rioboo no número 11.