Se onte houbo comida, música e baile no parque do centro cultural de As Torres de Santa Cruz por mor da Romaría das Merendiñas, hoxe a música seguirá presente neste espacio coa celebración dunha Foliada Tradicional a partir das 12.30 horas organizada pola Concellería de Cultura.

Este encontro musical contará coa presencia de sete agrupacións folclóricas do municipio: a Asociación Cultural O Amanexo de Dexo, Os Rueiriños de Nós, o grupo de baile e gaitas Santaia de Santa Cruz, a Agrupación Artística e Cultural Semente Nova de Perillo, a Agrupación Cultural Dorna de Dorneda e a Agrupación Folclórica Folliñas de Oleiros xunto co grupo Frouma.

O obxectivo do Concello con este evento musical é "fomentar o espírito de convivencia" entre os grupos folclóricos e que compartan "experiencias, inquedanzas e novos proxectos". Durante toda a tarde todos os que o desexen poderán unirse libremente, tocar, bailar e cantar cos grupos. Haberá unha ludoteca con máis de trinta xogos tradicionais.