Patricia Amado chegou á concellería de Promoción Económica en xullo e dende entón estuda que melloras aplicará. Ten claro que os cursos de formación funcionan e que podería haber cambios nas bolsas de emprego. Tamén augura que o o porto exterior e Morás "van xerar emprego", aínda que sen concretar cando.

-Que propostas ten o concello para dinamizar Arteixo?

-Son tres meses os que levo de concelleira e estou facendo unha valoración do que temos a día de hoxe. Hai unha continuidade con todos os proxectos que fixo o meu antecesor e vaise seguir esa liña. Hai moitas cousas que están contratadas e temos que darlles unha continuidade e seguir con elas ata final de ano. E despois temos como novidades seguir na liña de dar formación.

-E como van incidir nos cursos de formación?

-En principio imos ter un centro de formación novo, que calculo que nolo entregarán en novembro. Vaise homologar o que son os cursos da rama administrativa e de hostalería, de electricidade e carpintería. Xa teriamos aulas para meter máis alumnos. Despois imos estar abertos a calquera proposta de empresas do polígono. Impartiremos máis cursos que nos demanden as empresas.

-Estes cursos de formación teñen unha inserción laboral alta ou baixa?

-Si que hai inserción. Hai un seguimento que fai o Concello. Temos unha inserción moi alta nos de cociña e nos de camareiro. Tamén nos de auxiliar de servizos administrativo en xeral. Estamos co de caixeiro e repoñedor. Despois mantemos o de plantas petroquímicas.

-Cales son as porcentaxes de inserción deste cursos?

-Case un 90% en cociña. Camareiro ten boa salida, un 80%. E no resto andamos nun 60%. Non se chega a inserción total, pero é bastante boa.

-Di que está estudando a concellería. Detectou algún punto débil que se poida mellorar?

-O primero que detectei foi a bolsa de emprego. A que temos propia no Concello. Hai que mellorala. Temos que conseguir que a xente sexa máis cercana. Estar inscrito e facer o seguimento que require. Din orde de instalar tres ordenadores de uso público para que a xente poida actualizar un currículum, darse de alta nunha bolsa de emprego ou mandar calquer oferta.

-Cales serán as actuacións en materia de turismo?

-A miña idea é a de dinaminación e concienciación cidadá. Vaise fomentar e recuperación das romerías do municipio. Xa empezamos co San Miguel. Tamén temos a sinalización das rutas BTT. Manter a liña das bandeiras azuis. E queremos fomentar o turismo mariñeiro. Ofrecer o visitante poder facer algunha saída en barco. Sería colaborar con xente dos portos de Suevos e Sorrizo.

-Que se fai dende a concellería para potenciar as parroquias do rural?

-Neste caso teremos que estudar os sectores que hai e consensuar coa poboación que teñen a liña de traballo a seguir. Aquí estaría o tema do turismo mariñeiro.

-O Goberno local levará ao pleno o cambio de usos das parcelas do polígono de Sabón e prohibirá expresamente a instalación de grandes superficies comerciais nel. É bo non permitir grandes centros comerciais?

-Os usos que ten o polígono están designados. Evidentemente hai un estudo a nivel local e están as autorizacións da Xunta. Ten lóxica.

-Pero é bo prohibir grandes superficies comerciais e só permitir comercios pequenos?

-Tratamos de promocionar o pequeno comercio. Intentamos que sigan os comercios pequenos. Se hai grandes superficies que sucede? Acabará baixando o nivel de consumo nas tendas pequenas. Bo e malo? Non son a persoa para decilo. Dende aquí imos potenciar o pequeno comercio.

-Díxose que Morás e o porto exterior xerarían emprego no concello. Iso será certo no futuro?

-Si, evidentemente. Tanto o porto exterior como tamén o polígono de Morás van xerar emprego.

-Será un futuro próximo?

-Non podería dar datas. É algo que está en previsión próxima.