Da Reconquista, dos séculos de guerras entre mouros e cristiáns, vén a lenda que conta a orixe do nome de Figueroa, que a parroquia terá en conta nas festas desta fin de semana. Os veciños incluirán nos festexos na honra de San Miguel ao elemento orixinario do topónimo e do apelido dunha coñecida familia da zona: o figo. Unha modesta exaltación culinaria sustituirá as pasas por figos migueliños -típicos deste tempo- nunhas empanadas de bacallau. Aseguran os que probaron a receita, da veciña Mónica Manteiga, que "está mellor que con pasas", asegura o organizador, o ilustrador Suso Cubeiro.

A entrega de cen doncelas do rei Mauregato ao califa de Córdoba "para que o deixara en paz" orixinou un enfrentamento que, con mediación do santo homenaxeado estes días, rematou no final feliz que deu nome á parroquia, relata Cubeiro. "Preto do Pazo Peito Bordel, onde reunían ás rapazas para envialas a Andalucía, os homes que andaban a buscar máis doncelas atoparon unha rapaza en Figueroa, irmá de catro rapaces que andaban a coller figos. Era polo San Miguel. Cando os catro irmáns souberon do que acontecía, colleron varas de figueira e plantaron cara a quenes pretendían levar a súa irmá. "Coa intercesión de San Miguel apareceron os demais cristiáns da zona armados con fouces e apeiros de labranza que tiñan a man e gañaron aos mouros. Iso deu lugar ao apelido Figueroa, que ten no seu escudo cinco follas de Figueira, polos catro rapaces e a súa irmá", repasa Cubeiro a lenda da parroquia.

Este ano, os veciños poderán degustar a historia a bocados en plena sesión vermú de mañá. Os organizadores das festas decidiron ofrecer como tapa coas consumicións un bocado protagonizado por un protagonistas da lenda, o froito da figueira. Os figos non se servirán solos porque, explica Cubeiro, "este ano non hai moitos neste tempo". Pero sí centrarán unha innovadora modificación dunha das receitas máis populares de Galicia. A proposta do ilustrador, encargáronse a unha panadería de Carral seis empanadas de dous kilos cada unha de bacallau con figos. "Ao ser figos frescos, a empanada queda moito mais xugosa que coas pasas", asegura o ideólogo.

A degustación da empanada será o domingo ao medidía, pero as festas comenzarán xa hoxe. Ás 13.00 horas haberá misa solemne e, á noitiñoa, verbena a cargo do Dúo Latino. Mañá, despois da misa, que se oficiará á mesma hora que hoxe, haberá unha sesión vermú con música a cargo do abegondés Carlos Manteiga. A verbena, a sesión vermú e a tapa estrela deste ano celebraranse no centro social Escuela del Niño Jesús, na antiga escola de Figueroa.