-Que proxectos ten na área?

-Estamos vendo a organización, cambiando a maneira de funcionar e traballando no organigrama municipal e a Relación de Postos de Traballo (RPT). En canto a proxectos, imos reformar a programación toda, imos facer unha como Dios manda, en vez de curso escolar, de ano en ano. Temos por unha parte as actividades xerais de cultura e por outra, Villa Concepción.

-Algo que se poda adiantar?

-Ímonos centrar sobre todo en orientala ás tradicións populares, vai ser un eixo forte. Sin ser do que mais actividades teñamos, será como unha visagra, algo importante.

-Estaban descoidadas?

-Sí, prácticamente non había.

-Que se fará?

-Vaise colaborar con algún colexio, vai haber moitas actividades centradas nos nenos, como cerámica, traballo en latón, en cartón-pedra ou xogos populares. Para recuperar as nosas tradicións.

-Hai algo concretado xa?

-Xa estamos en contacto con un montón de xente que pode organizar todo este tipo de cousas. Un montón de empresas nos propuxeron actividades. Sen estar atado, está feito prácticamente todo.

-Que farán en outros ámbitos? Co Rock in Cambre?

-Este ano é o 25 aniversario. Faremos dous días con actividades paralelas, seguramente unha exposición con obxectos, fotos e camisetas e lembrar o traballo dos chavales que o organizaron antes do Concello. Vai servir un pouquiño de experimento para saber cómo podía funcionar dous días, porque cremos que tal e como se organiza, un día, é unha fórmula esgotada. En dous días pode dar a posibilidade de organizar acampada, que a xente permaneza máis tempo en Cambre, crear sinerxias económicas.

-Dicía hai un par de anos que a súa ilusión é excavar o castro. Farase algún día?

-Creo que sí, que se fará, inevitablemente, estea quen estea. O problema dunha excavación desa magnitude é que non é un asunto que se fai a curto plazo, necesita unha planificación, un plan director. Estamos cansados de ver excavacións de castros que despois se deixan. Se despois non sabes qué facer con el, é empezar a destruilo. Para nós o fundamental é que o castro sexa propiedade do Concello. Iso só se pode conseguir ou comprando os terrenos ou mediante convenios e a través do plan urbanístico. A nosa idea é recuperar o castro. Hai moitas maneiras: ao mellor enprincipio non excavalo, senon facelo visible, limpalo e poñelo en condicións. E a partir de ahí creo que as cousas veñen dadas. Se é titularidade pública é máis fácil conseguir cartos doutras institucións.

-Onde ubicarán a biblioteca, descartada a casa da Arrigada?

-Dixemos por activa e por pasiva que a biblioteca central non vai ser na casa da Arrigada. Temos informes técnicos que non recomendan facerla alí. Barallamos varias opcións. Algunha pasa por un local privado, non sabemos onde. Estamos traballando niso duramente, para nós é un elemento primordial.

-E a Casa da Arrigada?

-Agora hai unha asociación. Hai que ver as necesidades e definir o uso. O máis probable é que vaia para algún tipo de oficina municipal.