-Que consecuencias ten a saída de Arteixo do Consorcio?

-Son extremadamente graves. Sobre todo de carácter administrativo: a concesión da basura está feita de nove concellos e un marcha. E hai que ver as consecuencias xurídicas, se se pode subrogar, que bens ten o Consorcio, que parte corresponde a cada cal, repartir os gastos de personal... Hai que medir moito e aplicar a lei con todas as súas consecuencias.

-Que posibilidades legales hai?

-Descoñecémolas. Os xuristas teñen que ser quen digan que vai ocurrir. Desde o punto vista político non hai nada que facer. Hai oito que queren seguir e un que non.

-Vaise sancionar a Arteixo?

-Simplemente hai unha concesión en 2005 con cousas positivas e negativas. Eu non a fixen. Se alguén quere separarse ten que asumir, haberá que facer un balance. Ten consecuencias negativas para o Concello da Coruña e para os demais, porque ao baixar no tramo de toneladas, sube o precio. Son moitísimos os números que hai que facer.

-Non teñen unha idea do impacto?

-Non temos datos. Xa se encargou aos técnicos e funcionarios do Consorcio e de Arteixo que negocien desde o punto de vista xurídico e legal. Que fagan números. Se pode ser, este mes. Temos absoluta necesidade de constituirnos en mancomunidade. E se non se está dacordo, que o fagan asesores externos. O problema quen o ten é o Consorcio coa concesionaria, que é quen firmou, vai ter que asumir os compromisos e se hai algunha denuncia, a concesionaria vai denunciar ao Consorcio. O tema xurídico é moi relevante, moi grave e ten consecuencias.

-Ve lexítimo o motivo da marcha?

-O Goberno é soberano. Podemos estar mais ou menos dacordo co sistema de recollida e tratamento, pero temos que asumir o que se acordou e ser responsables. É moi fácil dicir que como non me gusta, voume.