"Tiña cinco fillos e traballou moito", di Lucía Quiroga, de 4 anos; "Sempre da moitos abrazos e besillos, chámame tesouro e faime a miña comida preferida", conta David de 11 anos; "Faime feliz", afirma Uxía, de 8; "Fai uns guisos moi bos e sobre todo o de fabada", asegura aos seus catro anos Nuria Sánchez.

Estas son algunhas das frases escritas por alumnos dos colexios de Sada e que acompañan con fotografías das súas avoas, e que forman parte da exposición que se inaugurou onte na Casa da Cultura Pintor Lloréns con motivo do Día Internacional da Muller, organizada por la Concellaría de Educación e que se poderá ver ata fin de mes.

Os escolares homenaxean ás avoas contando por que para eles é unha muller especial. Prácticamente todos coinciden en asegurar que as avoas dan "moitos bicos" e tamén en que sempre están traballando e coidan deles.

"Faime os postres máis ricos do mundo e cando teño frío abrígame cunha mantiña", afirma Laura de 6 anos. "Porque ainda que é maior e leva traballando dende moi pequena dedica todo o seu tempo para coidarme", explica Leo, de 4 anos. "Coidou de min desde que era pequeno e ven todos os días a coidar do meu irmán", di Nuno, de 11.