O Concello de Oleiros asinará este sábado no centro Ágora de A Coruña a súa adhesión ao programa Apego, impulsado polos técnicos de normalización lingüística de varios concellos para promover e arroupar a transmisión da lingua galega aos nenos.

A través deste programa poñeranse en marcha no municipio actividades dirixidas a nenos de ata seis anos ademais de distribuir material específico para familias e profesionais.