O relato Hai patios de luces tristes, de Diego Giráldez, foi o gañador do certame de narracións breves Manuel Murguía que organiza o Concello de Arteixo. O concurso cumpriu 25 edicións onte e por iso plantouse unha árbore conmemorativa. O xurado tamén seleccionou a Carlos Quiroga (O mérito da chuva) e José António Lozano (A aranha de Sidney) como finalistas do certame. O xurado estivo formado polos escritores Teresa Moure, Marcos Sánchez e o gañador da edición do ano anterior, Antonio Piñeiro. Tamén estivo presente o coordinador do certame, Alfredo Ferreiro. A cerimonia contou coa actuación musical do grupo Aula Folk e a banda 4jazz. Presentouse ademais un libro, A garza insomne, que recolle os relatos das últimas tres edicións do certame de narracións breves Manuel Murguía.