A Corporación municipal de Cambre votará por separado tres facturas pendentes que proceden da xestión dos exconcelleiros Jesús Bao (Servizos Sociais, Educación) e Augusto Rey (ex teniente de alcalde e responsable de Facenda e Obras), ambos do PSOE. O Goberno local aceptou, a petición da oposición, separar as facturas, que volverán a pleno para a súa votación despois de retirarse da orde do día na sesión ordinaria do mes pasado.

Os expendientes corresponden a pagamentos pendentes a unha empresa contratada por Bao e Rey contra o criterio dos técnicos municipais, a una axuda comprometida cunha Asociación de Nais e Pais (ANPA) que non se regularizou con convenio e a unha empresa por traballos para festas veciñais. A contratación que contradixo os informes municipais, polo que Intervención informou en contra, foi a da empresa Atalaia para a realización dunha campaña para prevención de violencia de xénero, pola cal a empresa reclama agora ao Concello 7.489 euros. A elección desta empresa, a peor valorada polos técnicos, derivou na reprobación de Bao e Rey polos grupos da Corporación cambresa pola contratación "a dedo" nunha votación na que os tres concelleiros do PSOE presentes se ausentaron, Rey non acudiu e Juan Evaristo Rodríguez xustificou a súa falta por motivos de saúde.

A factura da axuda comprometida por Bao coa ANPA do David Buján para transporte ascende a 6.000 euros. Os funcionarios municipais rexeitaron este pagamento por non contar cun convenio que o avale de xeito oficial. O terceiro pagamento que os grupos pediron separar é de 605 euros por traballos para un magosto e o Belén Vivinte de Bribes.