O Concello de Curtis celebra hoxe a Ruta Cabalar Campestre, que este ano alcanza a súa terceira edición. Os organizadores esperan que preto de douscentos afeccionados ás rutas a cabalo participen nesta iniciativa. A actividade está organizada por un grupo de amantes dos cabalos en colaboración co Concello de Curtis. O itinerario, de máis de 20 quilómetros sen asfaltar, sairá ás 10.00 horas do Recinto Feiral de Curtis e seguirá por pistas forestais e monte a través con parada en Xabriño. A ruta finalizará sobre as 14.00 horas, horario previsto para a comida, pero a celebración seguirá pola tarde.