O domingo 22 Infesta celebrará o sesenta aniversario da construción da capela de Nosa Señora do Amparo. O festexo será a carón do propio templo, nun xantar popular con baile. Como aperitivo haberá unha misa solemne coas confirmacións dos mozos do entorno e unha procesión conmemorativa. Despois será a sesión vermú a cargo do Dúo D'Festa e logo o xantar, a quince euros, con callos de Moderno de Oza, churrasco, pan, bebida e sobremesa. A celebración continuará cun baile a cargo do anterior dúo e o Dj O'Bo, que xunto co bochinche fará que a nave de Casa Estrada estea concorrida ata a noite.