O clube de natación sincronizada Aguamarina, de Culleredo, acadou o pasado sábado a segunda posición na modalidade de equipo e na de combo de base IV durante o XI Trofeo Diputación de Pontevedra, que se disputou na Escola Naval de Marín. O Concello expresou a súa felicitación ao clube por este novo éxito, que considera baseado no esforzo e traballo das súas componentes. O Aguamarina vén de obter numerosos premios durante os últimos anos nas competicións deste deporte realizadas en Galicia.