O PP de Oleiros denuncia que a "planificación" do Goberno local en materia de seguridade é "inexistente" e por iso hai numerosas pintadas no concello. A portavoz da formación, Tristana Moraleja, asegura que as pintadas "van en aumento" e o mobiliario público atópase "en mal estado".

Os populares denuncian que o grupo de Goberno descoñece as necesidades de vixilancia que existen en Oleiros. "Hai marquesinas que están rotas, pintadas, sen cristais e cheas de carteis", indica a formación. "O noso concello está cada día peor. Non se fai mantemento de nada, o plan de vixilancia non existe e a concelleira mira para otro lado", critica Moraleja.