Os Sobraos cumpren cinco anos. E preparan unha nova edición de cantos de taberna para festexar o seu aniversario. O sábado 21 de maio amenizarán os locais El Rancho Grande, Santa Marta e Casa Manolo. Os festexos proseguirán o 5 de xuño acompañados por grupos da contorna como Alén do Mar (Bergondo), Asubío das Mariñas (Santa Cruz) ou Cantares dos Pendellos (Cambre), entre outros. A ruta será por catorce locais. A festa proseguirá pola tarde na explanada do mosteiro de Bergondo cunha foliada.