O trío de música galega Dúbidadúo actuará este sábado día 4 na IV Festa Amanexa que organiza a Asociación O Amanexo de Dexo (Oleiros). O concerto será ás 21.30 horas, antes da foliada. O grupo está formado por Alberte Núñez e Álex Fente nos acordeóns e Beni Frecha na percusión. Horas antes actuarán Amanexo, A Marola, Tahúme e Son d'aquí. Además dos concertos haberá presencia de artesán na festa (ceramistas, encadernadores, redeiras, productos ecolóxicos, etc.).