A Asociación Os Sobraos de Bergondo festexa este domingo día 5 o seu quinto aniversario cunha ruta por todos os cafés, bares e restaurantes do municipio para actuar neles dentro da súa II Ronda de Cantos de Taberna. Estarán acompañados por outras cinco agrupacións (Alén, Asubío das Mariñas, Cantares dos Pendellos, Cerna da Uz, No Cómbaro). Os Sobraos empezarán a ruta ás 12.00 en A Pedralba e despois irán á Taberna de Lubre e ao Bar Algo Mais. O resto de grupos irán por outros locais.