Rallies pola praza de Portugal, pola Zapateira ou por Novo Mesoiro na Coruña; a subida a Celas de Peiro, á Espenuca ou Irixoa. Dende os anos sesenta a provincia da Coruña viviu unha época dourada en carreras automobilístas que se seguiron facendo ata os anos oitenta. Ata o campión Ángel Nieto veu correr á cidade coruñesa. Sen embargo toda esta historia era bastante descoñecida ata que Luis Miguel Díaz, apaixoado dos rallies, fixo o libro De carreras por La Coruña, que recolle toda esta historia ao longo de 400 páxinas despois de doce anos de investigación.

A Deputación editou o libro, que se presentou onte no Centro Tecnolóxico de Arteixo con presencia do presidente provincial e o alcalde, ademais dos pilotos de rali Julio Orozco, Germán Castrillón e Miguel Vilas, xunto co directivo da Peña Autocross Arteixo. O voume recolle historias sobre cómo Citroën, a mediados dos anos setenta, contribuiu en España ao auxe dunha modalidade de automobilismo, o autocross, cos seus modelos Dyane e 2CV, e propiciou o nacemento en 1983 da Peña Autocross Arteixo.

O libro repasa escuderías históricas como o Moto Club Coruña ou Centollo, ademais de lembrar os primeiros rallies na Coruña en 1996 ademais de fotografías.