O concelleiro do BNG, Fran Rei, presentará no pleno desta tarde en Oleiros unha moción en apoio das reivindicacións da plataforma de vítimas do accidente ferroviario do Alvia en Angrois (Santiago), ocorrido en 2013. A plataforma leva tres anos esixindo a creación dunha verdadeira comisión de investigación que esclareza as causas da traxedia. Ata o de agora concellos como o de A Coruña, Santiago e Sada ou deputacións como a coruñesa xa apoiaron nos seus plenos estas demandas. As vítimas pediron agora ao BNG de Oleiros o rexistro desta moción para solicitar o apoio da Corporación municipal. Este respaldo inclúe medidas coma a da difusión do documental Frankenstein 04155, basado nesta traxeda, dende a rede de bibliotecas públicas de Oleiros.