Abrollar unha imaxe é o título da exposición que o artista betanceiro Gándara Golpe inaugurou no Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (Ceida) en Santa Cruz. As súas obras poden verse ata o próximo 31 deste mes. A obra que amosa Gándara Golpe consta de 47 gravados sobre pizarra, realizados cun punzón de ferro e a man alzada, sen debuxo previo.

O artista debuxa prantas que se poden atopar na comarca de As Mariñas como o fiuncho ou o choupo branco, especies tóxicas coma o acebillo ou outras coma a xesta ou a carvexa.

Gándara Gólpe é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Barcelona. A finais dos anos oitenta do século pasado comezou a traballar o gravado despois de facer un máster na Fundación do Centro Internacional da Estampa Contemporánea (CIEC).