"Un guión rico, ben documentado e estructurado; un debuxo eficaz con moi bos recursos expresivos e bo tratamento da imaxe que provoca unha lectura fluida e engaiolante". Así viu o xurado a obra Fóra de mapa de Emilio Fonseca Martín (Ourense, 1978), para elexila por unanimidade gañadora do XI Premio de Banda Deseñada Castelao da Deputación. O xurado tamén a calidade da obra finalista, Terra incógnita. Na imaxe, o debuxante Miguelanxo Prado, membro do xurado, xunto á presidenta do tribunal, a responsable de Cultura da Deputación, Goretti Sanmartín.